Pet Sematary, de Stephen King.

GALEGO:
E na mesta brétema dos bosques de Maine vivían as criaturas máis terríbeis. As súas voces resoaban nos vales e nos lagos, na floresta só se internaban os máis valentes. Estas bestas vivían nos pesadelos dos pobos algonquinos, acompañaban ás bruxas que atormentaban aos pais peregrinos, e quedaron para sempre retratados na literatura fantástica norteamericana dos últimos séculos. Na terra de Stephen King abondan as lendas, coma na nosa Galiza, unha rexión salvaxe que o inspira, a musa que é a protagonista de moitas das súas novelas.
"Cemiterio de Animais" fala da paixón humana por controlar a morte, lémbranos que a Parca é unha pantasma que te persegue, que te agarda a volta da esquina. Un espectro inxusto que absorbe a xuventude, que se ri da vellez, que te reduce a cinsas.
King represéntaa mediante o "wendigo", un ser mitóloxico común no imaxinario popular das nacións orixinarias, implacábel e terrorífico. Malia que o autor ben puido servirse tan só desta pantasmagorica imaxe para atemorizar ao lector, engádelle intensidade a trama cuestionando a obrigatoriedade da morte, sumerxíndose na mente dos protagonistas, tentando buscarlle sentido a este feito tan natural coma cruel, un xeito de enfrontarse ao terríbel destino sen perder a dignidade.
Alén da división que o propio autor fixo da súa novela, atrévome a marcar un punto de inflexión que divide a historia en dúas partes: o regreso da morte da mascota do fogar protagonista, Church. A primeira parte é máis lenta, encárgase de describir as personaxes e xerar un ambiente propicio para a intrépida segunda parte, na que abundan as escenas violentas e sanguentas. Cómpre dicir que non é un libro apto para todos os públicos, pero que non defraudará a ningún amante do rei do terror.
ESPAÑOL:
Y en la densa niebla de los bosques de Maine vivían las criaturas más terribles. Sus voces resonaban en los valles y los lagos, solo los mas valientes se internaban en la profunda selva. Estas bestias habitaban las pesadillas de los pueblos algonquinos, acompañaban a las brujas que atormentaban a los padres peregrinos, y quedaron para siempre retratados en la literatura fantástica norteamericana de los últimos siglos. En la tierra de Stephen King abundan las leyendas, una región salvaje que lo inspira, la musa que es la protagonista de muchas de sus novelas.
"Cementerio de Animales" habla de la pasión humana por tomar el control de la muerte, nos recuerda que la Parca es un fantasma que te persigue, que te espera a la vuelta de la esquina. Un espectro injusto que absorbe la juventud, que se burla de la vejez, que te reduce a cenizas.
King la representa mediante la figura del "wendigo", un ser mitológico común en el imaginario de las naciones originarias, implacable y terrorífico. A pesar de que el autor pudo solamente servirse tan solo de esta fantasmagórica imagen para atemorizar al lector, le añade intensidad a la trama cuestionandose la obligatoriedad de la muerte, sumergiéndose en la mente de los protagonistas, intentando buscarle sentido a este hechoo tan natural como cruel, una manera de enfrontarse a este terrible destino sin perder la dignidad.
Más allá de la división que el propio autor hizo de su novela, me atrevo a señalar un punto de inflexión que divide la historia en dos partes: el regreso desde la muerte de la mascota del hogar protagonista, Church. La primera parte es más lenta, se encarga de describir a los personajes y generar un ambiente propicio para la intrépida segunda parte, en la que abundan las escenas violentas y sangrientas. Es necesario advertir que no es un libro apto para todos los públicos, pero que no defraudará a ningún amante del rey del terror.

Puntuación: 8'5 😼😼😼😼😼😼😼😼

Comentarios

  1. ¡Hola,hola!

    Pois fai moito tempo que no leo nada de este señor e iso que na miña adolescencia era un dos meus autores favoritos. Creo que co tempo os meus gustos foron cambiando e agora xa non me chama tanto.Aínda que espero retomalo algun día.

    Un saudo ♥

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu teño topado con novelas de King traballadas e maduras e outras máis simpliñas. Adoito escoller títulos menos coñecidos, que normalmente son mellores, pero neste caso a fama do libro e a calidade van parellas. Aínda que ao comezo poida aborrecer un chis, logo faise máis intensa. Un beixiño e grazas por partillar a túa opinión con non, lémonos!

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares