"To kill a mockingbird", de Harper Lee. "Es pecado matar a un ruiseñor"

Español:
"Matar a un ruiseñor" ("To Kill a Mockingbird) es la primera y única novela de la escritora estadounidense Harper Lee. Su exigua carrera literaria (solamente publicó 2 novelas con 55 años de diferencia entre la primera y la segunda) no fue, en absoluto, un obstáculo para que fuera galardonada el mismo año de la publicación de "Matar a un ruiseñor" (1960) con el Premio Pulitzer. Lo difícil que resulta ganar un premio de tan notable prestigio con una primera novela nos da una idea de la calidad de la misma.
No sólo los premios dan cuenta del enorme éxito de la novela, sino que su fama y prestigio entre los lectores la han hecho merecedora de situarse en el olimpo de la literatura estadounidense contemporánea.
Se trata de una obra que nos sitúa en la Alabama de la Gran Depresión, con un trasfondo racista de crítica social que llega a alcanzar niveles dramáticos en el desarrollo de la novela, pese a ser catalogada de "literatura juvenil" en algunos ámbitos, extremo con el que personalmente estoy en total desacuerdo. Bien es cierto que en protagonista es un niño, hijo de un abogado de provincias que acepta la defensa de un negro acusado de la violación de una joven blanca. A los problemas y diversiones propios de la niñez, el joven Scout deberá enfrentar demasiado pronto los conflictos derivados de la profesión de su padre, que muy a su pesar involucran a toda la familia.
"Matar a un ruiseñor" es una novela que nos enfrenta a nuestros principios, a nuestro sentido de la justicia, empatizando con las mismas contradicciones de los protagonistas en un contexto de enfrentamiento social que, en el momento de su publicación se encontraba en su punto álgido.

"Uno es valiente cuando, sabiendo que ha perdido ya antes de empezar, empieza a pesar de todo y sigue hasta el final pase lo que pase".

Galego:
"Matar a un reiseñor" ("To Kill a Mockingbird") é a primeira e única novela da escritora estadounidense Harper Lee. A súa exigua carreira literaria (soamente publicou 2 novelas con 55 anos de diferenza entre a primeira e a segunda) non foi, en absoluto, un obstáculo para que fose galardoada o mesmo ano da publicación de "Matar a un reiseñor" (1960) co Premio Pulitzer. O difícil que resulta gañar un premio de tan notable prestixio cunha primeira novela dános unha idea da calidade da mesma.
Non só os premios dan conta do enorme éxito da novela, senón que a súa fama e prestixio entre os lectores fixérona merecedora de situarse no olimpo da literatura estadounidense contemporánea.
Trátase dunha obra que nos sitúa na Alabama da Gran Depresión, cun transfondo racista de crítica social que chega a alcanzar niveis dramáticos no desenvolvemento da novela, a pesar de ser catalogada de "literatura xuvenil" nalgúns ámbitos, extremo co que persoalmente estou en total desacordo. Ben é certo que o protagonista é un neno, fillo dun avogado de provincias que acepta a defensa dun negro acusado da violación dunha moza branca. Aos problemas e diversións propios da nenez, Scout deberá enfrontar demasiado pronto os conflitos derivados da profesión do seu pai, que moi ao seu pesar involucran a toda a familia.
"Matar a un reiseñor" é unha novela que nos enfronta aos nosos principios, ao noso sentido da xustiza, empatizando coas mesmas contradicións dos protagonistas nun contexto de enfrontamento social que, no momento da súa publicación atopábase no seu punto álxido.

"Un é valente cando, sabendo que perdeu xa antes de empezar, empeza a pesar de todo e segue ata o final pase o que pase".

Puntuación: 8/10 ⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐
Películas recomendadas: "Matar a un ruiseñor" (1962), de Robert Mulligan.

Comentarios

Publicacións populares