O Demonólogo, de Andrew Pyper. Cada un de nós é o seu propio Demo, e fai deste mundo o seu propio inferno - Oscar Wilde.

Galego: 

Para escribir un bo relato de horror hai que  valerse sempre dos mesmos clichés? Hai boas novelas de terror moderno?

Na voráxine lectora outonal deste mes de outubro botarlle un ollo as nosas estanterías conleva coller un bo clásico de terror ou misterio para facer fronte as tardes chuviosas e os días grises, abandonando en certa medida os títulos máis novidosos deste xénero. Non é casual que os amantes do horror nos sintamos atraídos polos grandes nomes deste subxénero literario, i é que resulta certamente complexo atopar unha boa historia entre tanto "young adult" e verbas edulcoradas. Onde queda a paixón e a habilidade de Lovecraft, Shelley ou Matheson? 

"O Demonólogo" é unha obra con escasa ambición, soamente cómpre mesturar a Dan Brown con algún filme apocalíptico noventeiro (que me encantan, obviamente) coma "End of the Days" de Arnold Schwarzenegger ou "Bless teh Child" de Kim Bassinger para acadar o mesmo resultado que Andrew Pyper conseguiu coa súa última novela. Estaría a mentir se digo que non a desfrutei, fixeno coma o que máis, pero non me aportou nada novo, e no fondo iso é o que busca todo lector, e máis se escolles este xénero tan vísceral. 

O típico profesor universitario enfundado nun traxe de pana, cun avellentado atractivo na faciana e cheiro a café e tabaco rancio, namorado da súa compañeira de traballo, traizoado pola súa muller e que se ve inesperadamente inmerso nunha misteriosa aventura para salvar a súa filla e a toda a humanidade. Como dicía, nada novo, pero Pyper cumpre. Consegue engancharte con conversas áxiles e descricións moi traballadas, ofrecéndonos unha novela de "domingo pola tarde", é dicir, aportanos a acción e o romance suficientes como para manterte entretido nas horas máis anodinas do día mentres te acomodas no sofá debaixo dunha mantiña (e o té, non esquecernos do té)

Español: 

¿Para escribir un buen relato de horror hay que valerse siempre de los mismos clichés? ¿Hay buenas novelas de terror moderno?

En la vorágine lectora otoñal de este mes de octubre echarle un ojo nuestras estanterías conlleva coger un buen clásico de terror o misterio para hacer frente a las tardes lluviosas y a los días grises, abandonando en cierta medida los títulos más novedosos de este género. No es casual que los amantes del horror nos sintamos atraídos por los grandes nombres de este subgénero literario, y es que resulta ciertamente complejo encontrar una buena historia entre tanto "young adult" y palabras edulcoradas. ¿Donde queda la pasión y la habilidad de Lovecraft, Shelley o Matheson?

"El Demonólogo" es una obra con escasa ambición, solamente es necesario mezclar la Dan Brown con alguna película apocalíptica noventera (que me encantan, obviamente) como "End of the Days" de Arnold Schwarzenegger o "Bless teh Child" de Kim Bassinger para conseguir el mismo resultado que Andrew Pyper logró con su última novela. Mentiría si digo que no he disfrutado leyéndola, lo hice como lo que más, pero no me aportó nada nuevo, y en el fondo eso es lo que busca todo lector, y más si escoges este género tan vísceral.

El típico profesor universitario enfundado en un traje de pana, con un envejecido atractivo en la cara y olor a café y tabaco rancio, enamorado de su compañera de trabajo, traicionado por su mujer y que se ve inesperadamente inmerso en una misteriosa aventura para salvar a su hija y a toda la humanidad. Como decía, nada nuevo, pero Pyper cumple. Consigue engancharte con conversaciones ágiles y descripciones muy trabajadas, ofreciéndonos una novela de "domingo por la tarde", o sea, nos aporta la acción y el romance suficientes como para mantenerte entretenido en las horas más anodinas del día mientras te acomodas en el sofá debajo de una mantita (y el té, no olvidarnos del té)


Puntuación: 7/10 😈😈😈😈😈😈😈



Comentarios

Publicacións populares