Anna Karénina, de Lev Tolstoi

GALEGO:

Falábannos as nosas mestras nas aulas das semellanzas entre a literatura galega e a rusa, que malia a distancia e as diferenzas de ámbalas dúas nacións, estas amosaban a mesma paixón polo realismo e a vida rural. 

Anna Karénina é a obra que transcende ao autor, o documento no que ficou gravado para a posteridade o nacemento dun conflito social que cambiaría a historia da humanidade. É unha novela reivindicativa, que se introduce no debate sobre a utilidade da familia tradicional, o papel da muller na sociedade e a corrupción da elite a través das aventuras e desventuras amorosas dos seus protagonistas.
Anna, que ben podía ser a Emma de Flaubert ou a Rachel de Du Maurier, é a muller presa, a muller que traizoa, que se afoga nunha sociedade teatralizada e infeliz. A súa beleza non se reduce as exquisitas descricións dos seus creadores, viaxan nas súas verbas e reflexións. Sentes a súa desesperación, o mesmo odio e o mesmo amor. 

O milagre de Tolstoi foi mostrar a humanidade dun xeito tan puro a través das personaxes da novela, chegando a comprender as decisións erradas e certas de cada un deles. A temperanza de Lievin, a inocencia de Kitty, a paixón de Vronski. O frío clima de Rusia vai acorde co comportamento da clase alta que vive ao marxe das necesidades da clase traballadora e campesiña, virando as costas a un problema que sería o xermolo dun suceso que a derrubaría tan só unhas décadas despois. 

Tolstoi non se limita a describir a escandalosa historia de amor de Anna, a súa novela funciona como unha transmisora da realidade rusa, mostrando a súa sociedade, debuxando as súas paisaxes. 

Atrévome a afirmar que Anna Karénina é unha das grandes obras de arte europeas, e todos podemos gozar dela na nosa casa. 

ESPAÑOL:

Recuerdo como nuestras profesoras nos hablaban del gran parecido entre la literatura gallega y la rusa, que a pesar de la distancia y las diferencias de ambas naciones, mostraban la misma pasión por el realismo y la vida rural. 

Anna Karénina es la obra que trasciende al autor, el documento en el que se plasmó  el nacimiento de un conflicto social que cambiaría la historia de la humanidad. Es una novela reivindicativa, que se sumerge de lleno en el debate sobre la utilidad de la familia tradicional, el papel de la mujer en la sociedad y la corrupción de la élite a través de las aventuras y desventuras amorosas de sus protagonistas.
Anna, que bien podía ser la Emma de Flaubert o la Rachel de Du Maurier, es la mujer maniatada, la mujer que traiciona, que se ahoga en una sociedad teatralizada e infeliz. Su belleza no se reduce a las exquisitas descripciones de sus creadores, viaja en sus palabras y reflexiones. Sientes su desesperación, el mismo odio y el mismo amor. 

El milagro de Tolstoi fue el lograr mostrar a la humanidad de una manera tan pura a través de los personajes de la novela, llegando a comprender las decisiones erradas y acertadas de cada uno de ellos. La templanza de Lievin, la inocencia de Kitty, la pasión de Vronski. El frío clima de Rusia va acorde con el comportamiento de la clase alta que vive al margen de las necesidades de la clase trabajadora y campesina, impasibles ante un problema que sería el origen de un suceso que la derribaría tan sólo unas décadas después. 

Tolstoi no se limita a describir la escandalosa historia de amor de Anna, su novela funciona como una transmisora de la realidad rusa, mostrando su sociedad, dibujando sus paisajes. 

Me atrevo a afirmar que Anna Karénina es una de las grandes obras de arte europeas, y todos podemos disfrutar de ella en nuestra casas. 

Puntuación: 10/10 🌸🌸🌸🌸🌸🌸🌸🌸🌸🌸

Recomendacións literarias: Madame Bovary, de Gustave Flaubert; My cousin Rachel, de Daphne du Maurier. 

Comentarios

Publicacións populares