Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero

Galego:

Falar de Carvalho Calero é recuperar a memoria dun galeguismo cultural que apostou por un camiño ben distinto para a nosa lingua, o do reintegracionismo. Un debate que para moitos é recente, pero que Carvalho Calero puxo sobre a mesa a mediados dos anos 70 do século pasado, provocando o deterioro paulatino da súa imaxe por parte dunhas institucións que consideraban a aposta de Carvalho Calero como subversiva. Corenta e cinco anos despois, a figura de Carvalho Calero consegue recoñecemento nacional ao adicarselle o Día das Letras Galegas, nunha Galiza con menos galego falantes que daquela, e cada vez máis convencida que de ter apostado polo modelo lusista que nos reconcilia coa fala do país veciño podíamos ter levado ao noso idioma por un camiño diferente, e chegar incluso a ter freado e revertido o deterioro da imaxe da nosa lingua que pervive en unha importante parte da poboación do noso país.

"Scórpio" está escrita na normativa lusista do galego, publicada deste xeito pola Editora Através, firme defensora do reintegracionismo. É unha novela cun formato peculiar, que nos vai relatando a vida do ferrolán Rafael Martínez, alcumado Scórpio dende a escola, a través dun conxunto de epistolas e declaracións de diferentes personaxes protagonistas en momentos chave da súa vida. Scórpio é o ideal de intelectual de comezos de século, comprometido socialmente, discreto, dunha beleza e intelixencia extraordinaria. Os homes e mulleres que o rodean caen axiña na trampa do seu encanto sobrenatural. 

Carvalho Calero reinventa e actualiza as novelas de cabaleiros, na que o protagonista se caracteriza por representar todas as virtudes. Scorpio fai fronte as inxustizas movido pola forza natural do seu espirito, unha figura case mesiánica, un mártir que se inmola para salvar á humanidade. As figuras masculinas que o acompañan son tamén as arquetípicas das novelas de heróes, o fiel amigo, quase escudeiro, os compañeiros de loita, o mestre, o inimigo que encarna o mal... Na outra banda as persoaxes femininas, coma a Cheli, a doncela que agarda ao seu heróe, amantísima e silandeira. Tamén está representada a "femme fatale", a Cleo, que desprende luxuría e aventura. É esta última característica, ao meu entender, a menos atractiva da novela, xa que lonxe de acompañar cunha revolucionaria perspectiva de xénero a xa de por sí innovadora fórmula na que narra a histora, Carvalho Calero opta por conservar unha imaxe femenina prototípica, nun plano secundario, sexualizada e sometida á vontade masculina.

O autor non desaproveita a ocasión e sitúa a obra na Galiza e na España dos convulsos anos 30, acompañando a trama cunha imparcial e interesante visión do acontecido na sociedade da época. Carvalho Calero formou parte do bando que defendeu a lexitimidade do modelo democrático, fiel ao seu profundo galeguismo, pero non deixa de sinalar os erros e perspectivas de ámbolos dous bandos, engadíndolle valor a novela cunha coidada base histórica. Tampouco deixa pasar a oportunidade para reivindicar o uso da lingua galega e o seu papel na nosa sociedade, xa ben para comunicarse entre nós como para relacionarnos co resto do mundo.

"Scorpio" é unha xoia da nova narrativa galega nos anos 80 e 90, cunha forte perspectiva galeguista e de clase, unha lectura que non deixa indiferente a quen ama a nosa terra malia todas as súas contradicións.

Español:

Hablar de Carvalho Calero es recuperar la memoria de un galleguismo cultural que apostó por un camino diferente para nuestra lengua, el reintegracionismo. Un debate reciente para muchos, pero que Carvalho Calero puso sobre la mesa a mediados de los años 70 del siglo pasado, provocando el deterioro paulatino de su imagen por parte de unas instituciones que consideraban la apuesta de Carvalho Calero como subversiva. Cuarenta y cinco años después, la figura de Carvalho Calero consigue reconocimiento nacional siendo el homenajeado en el Día de las Letras Gallegas de este año, en una Galicia con menos gallegoparlantes que entonces, y cada vez más convencida que de haber apostado por el modelo lusista que nos reconcilia con el habla del país vecino tendríamos conducido a nuestro idioma por un camino diferente, y llegar incluso a haber frenado y revertido el deterioro de la imagen de nuestra lengua, que pervive en una importante parte de la población de nuestro país.

"Scórpio" está escrita en la normativa  lusista del gallego, publicada de este modo por la Editora "Através" , firme defensora del  reintegracionismo. Es una novela con un formato peculiar,  en la que nos relata la vida del ferrolán Rafael Martínez, apodado Scórpio desde la escuela, a través de un conjunto de  epistolas y declaraciones de diferentes personajes protagonistas en momentos clave de su vida. Scórpio es el ideal de intelectual de comienzos de siglo XX, comprometido socialmente, discreto, de una belleza e inteligencia extraordinaria. Los hombres y mujeres que lo rodean caen enseguida en la trampa de su encanto sobrenatural. 

Carvalho Calero  reinventa y actualiza las novelas de caballeros, en la que el protagonista se caracteriza por representar todas las virtudes. Scorpio hace frente las injusticias movido por la fuerza natural de su espiritu, una figura casi mesiánica, un mártir que se inmola para salvar a la humanidad. Las figuras masculinas que lo acompañan son también las arquetípicas de dichas novelas, con el fiel amigo, el escudero, los compañeros de lucha, el maestro, el enemigo que encarna el mal... En el lado opuesto, las protagonistas femeninas, como Cheli, la doncella que espera a su  heróe, amantísima y silenciosa. También está representada la " femme  fatale", Cleo, que desprende lujuria y aventura. Es esta última característica, a mi entender, la menos atractiva de la novela, ya que lejos de acompañar con una revolucionaria perspectiva de género a la ya de por  sí innovadora fórmula en la que narra la  histora, Carvalho Calero opta por conservar una imagen  femenina  prototípica, en un plano secundario,  sexualizada y sometida a la voluntad masculina.

El autor no desaprovecha la ocasión y sitúa la obra en la Galicia y en la España de los convulsos años 30, acompañando la trama con una imparcial e interesante visión de lo sucedido en la sociedad de la época. Carvalho Calero formó parte del bando que defendió la legitimidad del modelo democrático, fiel a su profundo galleguismo, pero no deja de señalar los errores y perspectivas de ambos frentes, añadiéndole valor a la novela con una cuidada base histórica. Tampoco deja pasar la oportunidad para reivindicar el uso de la lengua gallega y su papel en nuestra sociedad, tanto para comunicarnos entre nosotros como para relacionarnos con el resto del mundo.

" Scorpio" es una joya de la nueva narrativa gallega en los años 80 y 90, con una fuerte perspectiva galleguista y de clase, una lectura que no deja indiferente a quién ama nuestra tierra a pesar de todas sus contradicciones. 

Comentarios

Publicacións populares